Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

Páxina 1 de 4,  31 contidos

lunes, 22 de abril de 2024

ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

BANDO ITV AGRICOLA

A Unidade Móbil 04 de Inspección Técnica de Agrícolas ten previsto desprazarse a esta localidade para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas os días e nas horas que se sinalan a continuación:

  •   21 de maio: de 9:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h.
  •   23 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.
  •   24 de maio: de 9:00h a13:30h
  •   27 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.

Para solicitar cita previa poden chamar ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

A devandita Unidade Móbil estará situada en Mosteiro, na Plaza de Galicia (ao lado da Caseta da Carballeira).

Ler máis...

lunes, 15 de abril de 2024

ANUNCIO RESERVA DE PRAZA NO PAI CURSO 2024/2025

ANUNCIO RESERVA DE PRAZA NO PAI
Infórmase de que do 15 de abril ao 30 de maio de 2024 está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Pol.
Os nenos e nenas que estiveron no PAI durante o curso 2023-2024 e que manifestaron a súa intención de continuar alí un ano máis non necesitan solicitar reserva de praza porque xa se lles concedeu.
Os interesados deberán formalizar a súa reserva de praza no prazo sinalado no modelo normalizado que se lles facilitará:
  • - Nas oficinas do Concello.
  • - Na páxina web: www.concellopol.es
  • - No Punto de Atención á Infancia (PAI)

Ler máis...

martes, 28 de noviembre de 2023

Bases Obradoiro de Emprego O CASTRO IX

Faise público as bases para a selección das persoas traballadoras participantes no Obradoiro Dual de Emprego O CASTRO IX

Ler máis...

lunes, 30 de octubre de 2023

"SINALIZACIÓN DA REDE DE MICROPAISAXES ANCARES TERRAS DE BURÓN NO CONCELLO DE POL"

Enlace á información sobre "SINALIZACIÓN DA REDE DE MICROPAISAXES ANCARES TERRAS DE BURÓN NO CONCELLO DE POL"
  • https://micropaisajes.es/gl/region/pol-gl/
  • https://micropaisajes.es/region/pol/

    Ler máis...

miércoles, 6 de septiembre de 2023

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Cartel Servizo de Atención Temperá
Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea. O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento. O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.

Ler máis...

jueves, 17 de agosto de 2023

FESTA Ó EMIGRANTE

FESTA Ó EMIGRANTE
O día 24 de agosto de 2023 terá lugar a XXXVIII edición da Festa ó Emigrante do Concello de Pol na Carballeira de Mosteiro (Pol).

Ler máis...

viernes, 21 de julio de 2023

Ampliacion prazo solicitudes bolsa SAF

Escudo de Pol
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para renovación e incorporación de novo persoal na bolsa de emprego para postos de auxiliar de Axuda no Fogar en CINCO DÍAS HÁBILES, dende a publicación do anuncio no BOP. (ata o 28/07/2023 inclusive)

Ler máis...

martes, 18 de julio de 2023

CAMPAMENTO DE VERÁN

CAMPAMENTO VERAN 2023
O Concello de Pol pon en marcha o campamento de verán para facilitar un tempo e espacio de ocio e diversión. O campamento realizarase do 1 de agosto ao 8 de setembro, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h nas instalacións do Concello de Pol.
  • Inscripcións antes do 26 de xullo nas oficinas do Concello.

    Ler máis...

  • miércoles, 5 de julio de 2023

    RENOVACIÓN E INCORPORACIÓN DE NOVO PERSOAL NA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE SAF

    Escudo de Pol
    No Boletín Oficial da Provincia de Lugo de data 04/07/2023 saíu publicado as BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA RENOVACIÓN E INCORPORACIÓN DE NOVO PERSOAL NA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE AUXILIAR DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE POL.
  • O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles dende a súa publicación (ata o 11 de xullo inclusive).
  • Pódense consultar as bases na páxina do Concello no apartado "Oferta de Emprego Municipal" ou na sede electrónica do Concello, https://concellopol.sedelectronica.gal/info.0

    Ler máis...

  • jueves, 29 de junio de 2023

    PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2023

    Plan Único de Cooperación cos Concellos ano 2023
    O Concello de Pol recibe a través do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo as seguintes axudas para a realización das seguintes actividades: S.A.F.: 25.000 €; Reforzo do Emprego: 25.097,46 €; Actividades deportivas: 25.000,00 €; Administración Electrónica e Protección de Datos: 9.709,50 €; Protección Civil: Combustible e Seguro de vehículos; 2.000 €.

    Ler máis...

    Páxina 1 de 4,  31 contidos

    Información sobre el documento

    Escudo del    Concello de Pol
    Concello de Pol
    Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
    Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
    E-mail: concello@concellodepol.gal